A gala que os Premios Youtubeiras celebraron en Santiago de Compostela este sábado deixou un palmarés encabezado por OU Ké!, que se fixo co premio á mellor canle nesta edición do certame de vÃdeos en galego. O xurado recoñeceu deste proxecto a "súa profesionalidade, a súa calidade técnica e o seu coidado na estética", asà como o seu "impacto" e mais a "integración entre os medios de comunicación" e "a súa pluralidade".
O premio Youtubeira, que recoñece as persoas detrás das canles, foi para Recuncho Gamer. en consideración á súa "actividade en todas as redes", á súa "orixinalidade" e a súa vontade de "incorporar referentes doutros ámbitos no mundo dos videoxogos para lle dar maior visibilidade". O faiado Podcast obtivo o galardón Revelación do xurado a atender a súa capacidade para "xerar espazo para a cultura pop en galego" e "chegar ás xeracións máis novas".
A estes galardóns sumáronse o de VÃdeo para a peza Unha fin de semana en londres, da canle todomalva Gz, o de Calidade LingüÃstica, que obtivo olaxonmario, e o Pioneiro, que distinguiu a FicaCoabola.
Houbo tamén un premio Rede foi para Youtube en Galego por ser, a ollos do xurado, "unha canle feita para dar a coñecer e fortalecer as relacións entre persoas creadoras", e o público escolleu Savia Nova como mellor traballo co seu vÃdeo De Galicia a Namibia estudando guepardos. Todas as iniciativas galardoadas levaron un premio de mil euros agás o premio do público, que conta cunha dotación de quiñentos.