A fundación Barrié acollerá en primicia no Estado a exposición "Deuses e heroes do Barroco veneciano. De Tintoretto a Luca Giordano e Sebastiano Ricci". Trátase de 52 pezas, integradas por 32 obras de arte e 18 libros entre os séculos XVI e XVIII procedentes da Fundación Querini Stampalia, entidade ligada á familia homónima, pertencentes á aristocracia da cidade de Venecia. O coleccionismo da familia deu lugar a esta colección da que a exposición é unha escolma que aborda o interese polas temáticas mitolóxicas que recrean os mitos clásicos gregos e romanos. Deste xeito, inclúe cadros de artistas como Tintoretto, Cervelli ou Giulio Carponi entre outros. A mostra permite observar como as xentes do Renacemento e do Barroco empregaron a mitoloxÃa clásica como un teatro no que procuraban os seus propios valores e moral, e no que se reflicten os intereses artÃsticos, decorativos e ideolóxicos da república veneciana. A Fundación Barrié trae esta mostra con pezas habitualmente localizadas no museo que a Fundación Querini Stampalia ten en Venecia. A mostra poderase ver na sede coruñesa da fundación Barrié entre o 15 de marzo e o 14 de xullo.