Miguelanxo Prado publica en Francia unha segunda parte do seu Presas fáciles

Chegan á nosa lingua traducións das BDs Canto sopra o vento e Na sala dos espellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Miguelanxo Prado publica en Francia unha segunda parte do seu Presas fáciles

O autor máis recoñecido internacionalmente da BD galega, Miguelanxo Prado, ten novo traballo. O autor recupera os personaxes Carlos Sotillo e Olga Tabares do seu álbum Presas fáciles para unha nova historia. Presas fáciles. Voitres é o título da obra que acaba de ver a luz no mercado francés da man da editora Rue de Sèvres e que conta con 80 páxinas a cor.

Neste segundo volume, os dous protagonistas investigan o suicidio dunha adolescente nunha trama que aborda os limites da intimidade e o abuso das redes sociais. Logo de publicar esta continuación, que segundo Prado non estaba prevista inicialmente, o primeiro volume desta serie reeditarase co título Presas Fáciles. Hienas.

De xeito paralelo, Retranca Editora lanzou este 30 de xaneiro a tradución ao galego de Cando sopra o vento. Esta obra clásica de Raymond Briggs narra cunha gran dose de humanidade a reacción de dous anciáns que se enfrontan a un desastre nuclear a seguir as instrucións proporcionadas polo goberno británico. A obra, de oitenta páxinas a cor, preséntase nunha coidada edición que reproduce a tipografía orixinal creada por Briggs ademáis dunha entrevista co autor e fotografías e ilustracións do mesmo.

Tamén Catroventos Editora continúa a súa aposta pola novena arte a traducir a última obra de Liv Strömquist. Na sala dos espellos propón unha reflexión sobre a obsesión coa imaxe e o aspecto físico e o xeito no que esta está relacionada coas novas tecnoloxías. A editora xa publicara anteriormente A froita do coñecemento da mesma autora.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Francia, Tradución, Retranca

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares