O proceso para a selección dos mellores festivais musicais da península en 2023, que concorren este ano na oitava edición dos Iberian Festival Awards, ven de chegar á fase de prefinalistas. Oito festivais galegos e unha festa seguen presentes na competición en diversas modalidades, xuntando entre todas 24 opcións en 16 dos premios. Superada a primeira ronda de votacións, tanto nas categorías de voto público coma nas do xurado profesional, a organización ven de dar a coñecer o listado curto de 10 candidatos por categoría que superaron esa primeira fase. Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará o 15 de marzo de 2024 en Granada. A maior acumulación de opcións a premio de entre os eventos galegos está igualada entre as pasadas edicións do festival O Son do Camiño, de Santiago de Compostela e o SonRías Baixas de Bueu, cada un presente aínda en cinco categorías.
A lista de posibles premiados que se manteñen na competición complétana o festival Portamérica, Sinsal Son Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, Sinsal Son Estrella Galicia, Revenidas, Underfest SON Estrella Galicia e WOS Festival x SON Estrella Galicia. Nalgúns casos, as categorías ás que optan non supoñen un premio directo aos festivais, senón a algún tipo de traballo realizado neles por terceiros ou a unha actuación musical do seu programa. Así por exemplo o premio a Mellor Actuación de Música electrónica podería chegar ás mans dos produtores musicais de Galician Army, pola súa participación no festival Portamérica; ou as relaización de cobertura audiovisual levadas a cabo por Trece Amarillo para o SonRías Baixas e por Esmerarte para o Portamérica na categoría de Mellor Cobertura de Video, igual que para o fotógrafo Christian Pérez polo traballo gráfico feito durante o festival Revenidas. Cada categoría presenta agora dez nomes a seguir cara os premios, no caso dos eventos galegos están moi presentes en dúas delas con ata tres finalistas, na de Mellor festival Pequeno (17º Ribeira Sacra, Festival Sinsal Son Estrella Galicia e WOS Festival x SON Estrella Galicia) e na de Mellor Promoción Turística (17º Ribeira Sacra, PortAmérica e SonRías Baixas). O festival Sinsal tamén consegue colocar a Illa de San Simón entre os Mellores lugares de eventos da península e a Festa do Queixo de Arzúa faise un oco entre as Mellores Festiviades de España e Portugal.