Neste tempo en que se achega o dÃa de defuntos, os xornais énchense de anuncios e de especiais sobre funerarias e tanatorios. En grande parte deles atopamos servicio vintecatro horas e mesmo cafeterÃa e duchas. Unhas ofertas que revelan como en moitas destas novas instalacións sobrevive unha tradición secular ata o de agora restrinxida ás casas: o velorio.
Tocan as campás a morto. Xa polo toque todo o mundo sabe se o defunto é home, muller ou neno, ou mesmo se ten algunha eiva fÃsica. De alà a pouco os veciños trasládanse ata a casa dos finados, que é literalmente ocupada. A familia debe entón atender aos asistentes, conseguir comida, facer café, procurar que todo o mundo estea cómodo durante o longo velorio que se desenvolverá ata o momento do enterro, ás veces ata dous dÃas despois. As horas que transcorren neste perÃodo quedan fóra da normalidade da vida e dan tempo para todo. Desde choros e todo tipo de manifestacións de pranto ata lembranzas e crÃticas polo miúdo da vida do defunto, brincadeiras (ás veces mesmo á custa do corpo que se vela) e, aÃnda que pareza mentira, encontros amorosos. Ao longo da noite o velorio vaise manifestando coma un auténtico acontecemento social no que, tal e como sinala o antropólogo Marcial Gondar na súa obra “Romeiros do alén”, todo está dirixido a aliviar a tensión dos presentes, e especialmente da familia, e a facer que a comunidade enfronte unida a morte dun dos seus membros. En boa medida, como el mesmo refire no seu estudio, estas ocasións deveñen en eventos festivos: “dado que a morte é a máis profunda das negacións da vida, faise necesario conservar esta facendo a máis forte das afirmacións: a festa”.
A actualidade do velar
AÃnda que a moitos isto lles parecerá un relato de costumes xa desaparecidos, é algo que aÃnda a dÃa de hoxe se repite en grande parte de Galicia. “Na miña aldea os velorios fanse todos na casa”, recoñece Belén, de vintecatro anos. “Aló non queremos tanatorio, houbo unha familia que non querÃa facer o velorio na casa e a pouco máis lapÃdanos”, sinala Roberto, un universitario da montaña lucense. As anécdotas acontecidas neste tipo de acontecementos son patrimonio aÃnda hoxe de boa parte da poboación galega, e aÃnda que o costume está a desaparecer, persiste nunha nova variante, que traslada o escenario do encontro desde a tradicional casa aos modernos tanatorios.
Tanatorios preparados
Segundo recollen as estatÃsticas, a maior parte dos tanatorios atópanse situados nas proximidades das vilas e cidades, onde teñen garantido un maior volume de negocio. A tendencia neste negocio é, como en todos, cara á concentración, polo que cada vez é máis habitual ver grandes edificios que acollen unha boa cantidade de velorios simultáneos e que dan servicio non só ás zonas máis ou menos urbanizadas, senón tamén e boa parte das aldeas dos arredores, o que permite unha maior persistencia dos costumes tradicionais tamén nestas instalacións. Non é estraño en Galicia que os tanatorios conten con cuartos habilitados para que os familiares do defunto poidan descansar, e é habitual a existencia de aseos con ducha, algo que estraña a moitos dos visitantes que veñen de fóra. No texto publicitario dunha funeraria da Coruña anuncian claramente estas instalacións como parte dos seus servicios: “Ademais hai habitacións con cuarto de baño para que os seus achegados poidan descansar en calquera momento do dÃa, unha cafeterÃa que abre as vintecatro horas...”.
A incidencia da vela
De calquera xeito, a cantidade de xente que está en vela toda a noite nun tanatorio varÃa moito dunhas zonas a outras, pero o máis habitual en Galicia é que estas instalacións estean dispoñibles permanentemente. “Os clientes alugan a sala por vintecatro horas, e eles deciden cándo abren e cándo pechan”, sinalan desde o tanatorio de San Mauro, en Pontevedra, onde recoñecen que non é moi habitual esta práctica. Desde Pompas Fúnebres de VilagarcÃa van máis aló e sinalan que os clientes quedan coa chave da cafeterÃa durante a noite e eles mesmos se serven, e sinalan que só unha cuarta parte das familias optan por facer un velorio completo. En Vilalba recoñecen esta práctica como algo bastante xeneralizado, e desde a Funeraria Hermida sinalan que poñen a disposición dos asistentes un pequeno refrixerio con café, leite, pastas e bolos nunha sala á parte. Outra empresa deste tipo con instalación por toda a zona de Bergantiños e a Costa da Morte recoñece a vela nocturna como algo moi habitual, e desde a cidade de Ourense cifran ata nun 40% a cantidade de familias que pasa a noite previa ao enterro cos seus defuntos no tanatorio. Pola contra, desde a cidade de Lugo unha funeraria informa de que “o tanatorio queda pechado pola noite, unicamente que haxa unha familia que o pida puntualmente”, e en Vigo recoñecen que, aÃnda que a práctica non lles é allea, é minoritaria. “De todos os clientes, só un 2% opta por quedar toda a noite. Normalmente son familias do rural, e adoitan quedar moitas menos ca antes”, apuntan desde Emorvisa.
O futuro
A pesar de que en moitos casos se estea a dar un traslado da tradición deste da casa ao tanatorio, é evidente que tanto a frecuencia coma a intensidade dos velorios non deixa de diminuÃr no noso paÃs. Nos tanatorios non hai ocasión para festas, e o propio Gondar sinálao na súa obra, “a morte urbana está entrando na aldea: aÃnda non atopamos ningún caso, mais non ha pasar moito tempo sen que o paisano imite ese “non se recibe dó” que xa se está dando no caso de ‘urbanitasÂ’ que viven entre eles”. E advirte “o custo psicolóxico, a nivel individual e social, de cambiar unha alternativa con posibilidades terapéuticas reais –como vimos que era a tradicional– por outra que é unicamente enmascaradora, é algo que non se fará esperar.”