A plataforma de formación, desenvolvemento e coprodución cinematográfica Ventura daba a coñecer este 3 de xaneiro a listaxe de propostas internacionais que farán parte da súa segunda edición. En total foron cinco propostas seleccionadas entre as 133 que se presentaron a esta iniciativa da Asociación Cultural Enfoques, organizadora do festival Play-Doc en Tui.
Os filmes escolleitos foron A mão dirixido por Alexander David e producido por André Gil Mata; Anoush et les vagabonds, dirixido por Valerie Massadian e producido por Sophie Erbs; Impossible Scenario, La mort de Virgile, dirixido e producido por Mitra Farahani; Mer, etoile, femme, dirixido por Jeunghae Yim e producido por Helen Olive e Martin Bertier; e mais Three Seirous Ladies, dirixido por Athina Rachel Tsangari e producido por Elias Katsoufis.
Estas producións sumaranse a selección de proxectos estatais, que xa se deran a coñecer con anterioridade, para a terceira fase desta edición. Na mesma desenvolverase, os dÃas 20 e 21 de xaneiro, un foro de coprodución internacional no que os responsables destas iniciativas desenvolverán encontros cun grupo de profesionais da industria audiovisual internacional.
A selección de propostas estatais inclúe os filmes Ari (Harakune da directora Maider Oleaga; A mala gent, dirixida por Amat Vallmajor e producido por Julieta Juncadella e Silvia Cruz; Querer vivir un grito, dirixido por Diana Toucedo e producido por Alba Sotorra e Andrea Vázquez; Se van sus naves, dirixido por Óscar Vincentelli e producido por Elisa Celda e Todo es cárcel dirixido por Eloy Enciso e producido por Marina Perales e Fran Ruvira.
Estas propostas participaron xa dun programa de formación no seo de Ventura e, entre o 15 e o 19 de xaneiro desenvolverán unha residencia de escritura co cineasta Mariano Llinás.
Na última etapa do proxecto todas as propostas competirán ante un xurado internacional que concederá un premio en metálico de 10.000 euros aos que se suman otros galardóns en servizos de son, efectos visuais, DCP, distribución nacional e internacional valorados en 50.000 euros.