Un total de quince proxectos, catro series, seis curtametraxes, tres longametraxes e dous documentais, participan da primeira edición do Ames AV Lab. O Laboratorio de Aceleración de Proxectos Audiovisuais que promove o Concello de Ames coa Deputación da Coruña inicia en maio as súas actividades de formación, asesoramento e mentorización para contribuír ao desenvolvemento destas propostas.
As catro series que participan do proxecto son As labregas, dirixida por Rosa Taboada, na que unha urbanita descobre a historia das mulleres da súa familia ao se trasladar ao rural de Ames; Amil, de Julia Herrmann, na que un rapaz trans se atopa no corpo dun neno de doce anos; a comedia Orquestra Raíña, con dúas mulleres a tentar armar a mellor orquestra do país da man de Sergio Rodríguez, e Deseo más, que aborda a recuperación dun avogado adicto ao sexo con dirección de Raúl Alonso.
No campo das curtametraxes, en Fóra de campo Neves Rodríguez reflexiona sobre a vellez desde diferentes perspectivas; Manu Seoane narra o reencontro dunha empresaria de éxito con amizades da infancia en Raíces analóxicas; Tres cartas de esperanza de Silvia Varela, retrata a emigración galega dos anos 50 desde a perspectiva feminina, e Nemeto amosa unha muller que recorre a un ritual para concibir un fillo desde a dirección de Marta Rodríguez. Cuando los árboles lloran, a historia dunha parella de biólogos que tenta impedir a construción dunha depuradora dirixida por Miguel Bouzas, e O Laúro, producida por Andrés Sanjurjo, na que unha nena descobre o amor e o desexo, completan a selección de filmes de curta duración.
As longametraxes que participan do laboratorio son 42.195 metros, na que Noelia Papín "aborda a superación dos obstáculos e das dificultade a través da experiencia real de catro mulleres que se xuntan para preparar a maratón da Coruña no 2020"; Hacia el espacio interior, de Roi Grandío, que reflexiona sobre a saúde mental a través da música, e o drama familiar Serenade, dirixido por Pedro Díaz, no que unha muller maior quere ver a comuñón da súa neta antes de morrer.
Os dous documentais escolleitos son Dous nichos para Maruja, no que Santiago Araújo propón reflexionar sobre como, "á morte dos artistas, este son convertidos en iconas pola cultura popular, pervertindo así en moitos casos tanto a súa vida como a súa obra, distanciándoas da realidade". Tramoloxía, pola súa banda, é un falso documental de Álvaro Alvite "que segue o proceso de creación do traballo homónimo do músico de orixe moldavo residente en Galicia Bogdan Anestiadi, que sofre da síndrome do impostor".
Segundo anunciou o concello, a selección realizouse entre corenta propostas aspirantes. Para alén de formación, sete das producións seleccionadas poderán optar a cadansúa bolsa de 10.000 euros para financiar o desenvolvemento da produción.