Factoría de Subsistencia presenta 'Respirando...Sempre!'

A banda de Josito Porto comeza o ano sacando íntegro o seu terceiro traballo discográfico

3/1/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Co ano aínda por estrear a banda Factoría de Subsistencia dá comezo sacando o que é o seu terceiro disco longo "Respirando...Sempre!". Nove temas novos presentan a formación encabezada polo actor Josito Porto e Sabela Dacal, xunto aos que nesta ocasión estarán Rafa Otero ao baixo e Adrián Ríos na batería. O disco chega 5 anos despois do seu anterior traballo "Amores Fratricidas" (2019). En clave de rock and roll, Factoría de Subsistencia ofrece neste terceiro disco letras cargadas de humor negro, reflexión filosófica e crítica social. Aí están eses temas que xa foron presentándose quincenalmente como 'Non quero ser feliz' ou 'Esperta'. Todos eles poden escoitarse xa en YouTube e a banda presentará en concerto o novo disco na Casa das Crechas de Santiago de Compostela o vindeiro 13 de xaneiro. Tamén está prevista unha actuación o día 20 de xaneiro no espazo do Estudo Aldeaglobal de Vilagarcía onde ser realizou a gravación do disco.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sabela, Rock, Humor, Casa das Crechas...