Factoría de Subsistencia debuta Cerca da túa orella

Josito Porto e Sabela Dacal presentan a súa "música de cansautor"

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Factoría de Subsistencia debuta Cerca da túa orella

Oito temas conforman a proposta de Factoría de Subsistencia no seu traballo de debut. Cerca da túa orella é o traballo de debut do dúo conformado por Josito Porto e Sabela Dacal, unha proposta que parte de melodías sinxelas sobre unha base de guitarras, pianos e acordeóns e que deixa en letras como as de Lura de bar, Teño corazón ou Deus é un escaqueado o peso dun disco no que predominan a ironía e o humor. O álbum que se financiou mediante micromecenado, gravouse nos estudios Aldea Global e sae á venda da man de Arteficción discos.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sabela, Humor, Deus

Claves

Protagonistas
Conceptos