Con trece filmes a competición, a incluír seis estreas estatais, cinco galegas e unha absoluta, a oitava edición do festival Novos Cinemas abre as súas portas en Pontevedra este 12 de decembro. A longametraxe de debut do vigués Carlos Martínez-Peñalver, Á procura da estrela, será a encargada de abrir o pano desta xeira. A proxección, que comezará ás 20.30 horas, estará acompañada dun coloquio co director e parte do equipo da película.
A Sección Oficial da edición contará con nove filmes. Destas estrearanse en España as francesas Le coueur du masturbateur, de Michael Salerno, e Peter Pan, de Natacha Samuel & Florent Klockenbring; a arxentina Cambio, cambio, de Lautaro García Candela; a xaponesa There is a Stone, de Tatsunari Ota; e a estadounidense An Evening Song (for three voices), de Graham Swon.
A nivel galego veranse por vez primeira Concrete Valley, de Antoine Bourges; The Bride, da ruandesa Myrian U. Bariba; a arxentina Clara se pierde en el bosque, de Camila Fabbri; e a sueca The Wild Duck, de Nadja Ericsson.
Pola Sección Latexos, orientada a propostas alternativas, pasarán Abril, verde, amarillo, de Santiago Aulicino; Las tierras del cielo, de Pablo García Canga; Antier Noche, de Alberto Marín Menacho e Zimmerland, de Valeria Stucki.
No campo da formación o espazo #LAB contará con catro proxectos que contarán con asesoramento para se desenvolver, mentres no foro #ENCONTROS participarán profesionais como Víctor Soho, Tiago Vieira da Silva ou Bruno Arias. No espazo #AULA foron Berio Molina, Carlos Cañas e César Souto os responsables dos obradoiros.