Hoxe dá comezo na Facultade de Comunicación do Campus A Xunqueira (Pontevedra) a ´decima terceira edición de AUGAL, Máster Class do Audiovisual Galego. Esta actividade promovida pola facultade, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) está dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector audiovisual e aberta ao público en xeral. As oito sesións que compoñen o programa desta edición de Augal, desenvolveranse entre este martes 28 de novembro e marzo de 2024, combinando a proxección dos filmes cun coloquio coas persoas responsables da súa dirección ou produción. Arranca hoxe martes, coa proxección de 'O Corpo Aberto', de Ángeles Huerta, presentada polo seu produtor, Gaspar Broullón.
Xa en decembro, o día 12 terá lugar o III Concurso A Canteira-Augal, no que se proxectarán unha serie de curtas nacidas como traballos académicos e que optarán ao premio ao mellor traballo do ano. Por último, o martes 19, poderá verse na facultade 'Cuando toco un animal', nunha sesión que contará coa participación tanto do seu director, Ángel Filgueira, como das súas produtoras, Silvia Fuentes e Anxos Fazáns, tamén egresadas da facultade. 'O Corno', o filme co que Jaione Camborda se alzaba recentemente coa Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián; e Matria, de Álvaro Gago, que suma 16 candidaturas aos Premios Goya, serán dúas das longametraxes que pasarán pola Máster Class Audiovisual Galego Augal, no programa figuran tamén as longametraxes 'Salta!', de Olga Ossorio, así como a serie Motel Walkirias, na que participará o seu director, Ghaleb Jaber Martínez, e varias curtametraxes. Por outra banda, este programa formativo complétase neste 2023 cun obradoiro de guión, centrado na creación de microrrelatos, a cargo da produtora e exalumna da facultade Sara Varela. Abertas ao público, as proxeccións desenvolveranse inicialmente no plató de cine da facultade.