O cineasta estadounidense Jon Jost coñeceu en 2022 Galicia e botou a andar o proxecto do que serÃa a longametraxe Casa do silencio. O filme, rodado integramente en galego, está protagonizado por Quico Cadaval e Paula Ballesteros e aborda con ton poético os tabús dunha familia galega emigrada en Venezuela a partir dunha casa de aldea.
De cara a presentar esta produción, aCentral Folque artellou un intenso programa de actividades que comeza coa propia estrea do filme este 24 de novembro na Filmoteca de Galicia (A Coruña). A esta proxección seguirana outras en Mazaricos o dÃa 25 na Asociación Cultural A Bubela e en Santiago de Compostela, na sala NUMAX, os dÃas 1 e 2 de decembro.
En paralelo, desenvolveranse dúas retrospectivas do realizador na Filmoteca de Galicia (do 23 de novembro ao 1 de decembro) e mais na NUMAX (entre o 28 de novembro e o 5 de decembro). Ademais, a sesión prevista en Mazaricos estará acompañada dun encontro con Jost que inclúe un obradoiro de creación audiovisual da man do director e a proxección comentada do filme.
Canda a isto, da man do poeta Ismael Ramos, tres centros de ensino de Noia e Santiago de Compostela acollerán a actividade Tabú -as palabras non ditas- na que se abordarán a partir da poesÃa e do audiovisual as ocultacións no ámbito da adolescencia.
As actividades de aCentral Folque complétanse cunha serie de vÃdeo-poemas e de clips musicais realizados por Jon Josht coa participación de Antón Lopo, Xiana Arias e Berio Molina, Ismael Ramos, Ugia Pedreira e os trÃos formados por Gabi Reboredo e Felipa Segade con Iván Vilela e Pablo Castaño.