O repositorio Minerva da Universidade de Santiago ten xa na rede unha colección de cincuenta manuscritos que forman parte do fondo documental Valladares Núñez, depositado nesta institución desde 2021. Entre estes atópanse textos do escritor e investigador Marcial Valladares, asà como dos seus irmáns Avelina, tamén poeta, e Sergio, ou do seu sobriño Laurentino Espinosa.
Entre os materiais que agora se poden consultar na rede destacan pezas como o Cantigueiro popular, catrocentas páxinas manuscritas nas Marcial Valladares compilou pezas da nosa tradición musical. Tamén están dispoñibles textos do anexo ao Diccionario Gallego-Castellano que o autor realizou con achegas de Manuel Leiras Pulpeiro.
O repositorio inclúe manuscritos de Valladares en galego e en castelán como Juguetes poéticos, Enredos poéticos e A Ulla ou un texto de memorias escolares, ademais de álbums nos que combina textos en verso e en prosa.
O fondo recupera tamén a faceta investigadora do autor a achegar os orixinais de estudos como o catálogo de árbores e vexetación máis comúns nos xardÃns da comarca da Ulla, un informe para o proxecto de Historia de la literatura gallega de Alfredo Brañas ou o texto de cincuenta páxinas Los literarios de Santiago sobre o Batallón Literario na Guerra da Independencia.