A coincidir co 65 aniversario da publicación do poemario Samos de Ramón Cabanillas, o Concello de Cambados abrÃa este venres 10 de novembro a exposición O seu último paraÃso. No 75º aniversario da chegada de Cabanillas a Samos. Este proxecto da casa museo dedicada ao poeta repasa a relación do autor con este espazo, ao que se retirou a escribir en diferentes ocasións ao longo da súa carreira e no que mesmo querÃa ser enterrado.
O membro da Real Academia Galega Francisco Fernández Rei, que se encargou dos contidos deste proxecto, sinala que o poeta "chegou ao mosteiro por primeira vez o 24 de agosto do 1948 e volveu refuxiarse nel os tres anos seguintes, ficando nas súas instalacións no verán e parte do outono". Neste lugar Cabanillas "atopou a paz, a soidade e o silencio que tanto arelaba" logo dun perÃodo vital convulso e que deron no final da edición de Camiños no tempo (1949) e da AntÃfona da cantiga (1951). As estadÃas ademais alumearon Samos, volume no que "versificou a historia do mosteiro bieito e glosou a vida monacal".
Este poemario ten unha especial relevancia no proxecto, coa exposición de borradores previos, o mecanoscrito final e mostras dos poemas desta obra. Canda a el, diferentes paneis, correspondencia e obxectos persoais do autor amosan a fonda vinculacion de Cabanillas con este espazo. Esta é a primeira mostra temporal que amosa pezas do legado da familia do poeta no museo dedicado á súa figura.