Quince filmes de once países, seleccionados de entre os máis de 2000 que se ofreceron, competirán na sección oficial da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, de Outes (A Coruña). Entre o 1 e o 5 de novembro este festival centrado na temática mariña celebrará a súa sexta edición. Unha das novidades desta edición é a liña temática que atravesa toda a programación, marcada pola relación que establecemos os seres humanos cos mamíferos mariños, especialmente a conexión histórica cos cetáceos nas nosas costas. A través das distintas seccións de proxeccións (Proa, Popa, Competición Oficial), e tamén da nova actividade paralela "Crónicas do mar", propoñen unha mirada crítica que promove a reflexión sobre a relación dos habitantes dos pobos costeiros con estes mamíferos. Dentro da competición oficial participan as cintas galegas 'Bloom', de Helena Girón e Samuel Delgado, e "Mmrrssmm... Xeosónica #1 Atlántico", unha exploración dos ruídos do mar, dirixida por Andrés Mahía.
Dentro da Sección especial proxectarase tamén a película documental 'Entre redes' de Vanessa Martínez e ademais o festival celebrará a súa inauguración proxectando o filme de ficción 'Matria', de Álvaro Gago. A outra novidade desta sexta edición é que trátase da primeira organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, constituída en xaneiro de 2023 no Concello de Outes. Deste xeito, segundo eles a Mostra emprende un camiño cara ao futuro, adecuándose aos modelos de organización imperantes nos festivais de cinema con maior relevancia, tanto en Galicia como no resto do Estado. A mostra inclúe tamén na súa programación unha seríe de actividades que se levarán a cabo no Centro Náutico do Freixo que inclúen navegación nunha embarcación tradicional, unha mostra de fotografía e dous encontros con coloquio, un deles da asociación proxecta que tratará o tema 'A sostibilidade nos festivais de cinema no rural'. Tamén haberá unha degustación gastronómica.