O xurado do VII Premio AgustÃn Fernández Paz de Literatura pola Igualdade outorgoulle este 21 de outubro a Andrea Barreira Freije este galardón. A súa novela Quen precisa unha avoa? valeulle á autora facerse cos 3.000 euros con que está dotado o certame e a futura publicación da obra da man de Edicións Xerais.
Segundo o fallo, o comité valorou "o novedoso enfoque sobre o idadismo, a toma de consciencia sobre as necesidades das avoas por parte das crianzas, asà como a importancia da observación e os coidados nas residencias de maiores". Ademais, que "a conciliación familiar, o tecido da rede de afectos e a sororidade entre todos os personaxes son outros temas desta novela na que a autora a través do humor transmite dun xeito maxistral a complicidade entre diferentes xeracións".
O galardón está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais, contou cun xurado formado por Manuel Bragado, Beatriz Maceda Abeleira e Pablo Nogueira.