Andrea Barreira faise co VII Premio Fernández Paz de Literatura pola Igualdade

A súa novela Quen precisa unha avoa? valeulle os 3.000 euros deste certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Andrea Barreira. Fonte: AELG.

Andrea Barreira. Fonte: AELG.

O xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de Literatura pola Igualdade outorgoulle este 21 de outubro a Andrea Barreira Freije este galardón. A súa novela Quen precisa unha avoa? valeulle á autora facerse cos 3.000 euros con que está dotado o certame e a futura publicación da obra da man de Edicións Xerais.

Segundo o fallo, o comité valorou "o novedoso enfoque sobre o idadismo, a toma de consciencia sobre as necesidades das avoas por parte das crianzas, así como a importancia da observación e os coidados nas residencias de maiores". Ademais, que "a conciliación familiar, o tecido da rede de afectos e a sororidade entre todos os personaxes son outros temas desta novela na que a autora a través do humor transmite dun xeito maxistral a complicidade entre diferentes xeracións".

O galardón está convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais, contou cun xurado formado por Manuel Bragado, Beatriz Maceda Abeleira e Pablo Nogueira.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Literatura, Andrea Barreira Freije, Edicións Xerais...