
David RubÃn optaba aos premios á mellor obra estatal do ano, ao de mellor guión e ao de mellor debuxo pola súa novela gráfica O lume, publicada en español por Astiberri e en galego por Demo Editorial.
Segundo o comunicado que o autor publicou nas súas redes sociais "toda esa ilusión e alegrÃa que me invade por tal recoñecemento vese embazada polo feito de ver que en ditas candidaturas non hai unha soa autora nomeada, algo que considero inxusto máxime tendo lido varias obras de autoras que poderÃa perfectamente optar a eles".
"Levamos 23 anos no S. XXI e coido que hai que ir sacudindo prexuÃzos e tendo claro todos que non é correcto deixar a un lado e invisibilizar o traballo de moitas autoras que, nos últimos anos, teñen firmado algunhas da mellores obras do cómic español", apunta.