Xurxo Alonso gaña o XLIX Certame Literario do Concello de Vilalba cun poemario epistolar

En "Cartas de Conxo" o autor dá forma a misivas escritas e censuradas de dúas mestras internadas no psiquiátrico durante a Guerra Civil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor e artista Xurxo Alonso García, nado en Bos Aires (Arxentina) en 1956 e residente en Vilagarcía de Arousa, ven de engadir un novo galardón á súa traxectoria poética ao resultar gañador do XLIX Certame Literario de Poesía do Concello de Vilalba. A obra "Cartas de Conxo (O legado das Távora)" acadou o favor unánime do xurado entre os máis de trinta orixinais presentados neste certame dotado cunha recompensa económica de 7.000 euros e a publicación da obra.

O xurado estivo conformado polo vilalbés e membro da Real Academia Española, Darío Villanueva; o catedrático de Historia Ramón Villares; o director do grupo de Radio Principal, Fidel Fernán, e o xornalista Xulio Xiz. A obra premiada consiste nun conxunto de poemas que situado no contexto da Guerra Civil, nos que o autor reproduce as cartas escritas, e nunca enviadas ao seren interceptadas polas monxas, por dúas mestras que foron recluídas no sanatorio psiquiátrico de Conxo logo de confiscarlles a Garda Civil outras cartas previas que se viron como constitutivas de delito. A entrega do premio terá lugar o vindeiro mércores 30, ás 19.00 horas no auditorio municipal da localidade luguesa.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Alonso, Vilalba, Conxo, Guerra Civil...