A Deputación de Ourense quere que a UNESCO recoñeza o Entroido

A empresa Trivium encargarase de elaborar un primeiro informe para avaliar a viabilidade desta declaración

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Deputación de Ourense dá os primeiros pasos para que o Entroido da provincia sexa recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. A empresa Trivium, dedicada á xestión cultural e turística, será a encargada de elaborar un estudo de viabilidade e unha folla de ruta que determinen as posibilidades de obter este recoñecemento internacional.

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), organismo dependente da Deputación de Ourense, adxudicou á empresa un contrato menor por valor de 14.973,75 euros con este fin. Segundo avanza Faro de Vigo, a entidade non descarta presentar unha candidatura conxunta con máscaras portuguesas ou zamoranas para a súa avaliación polo organismo internacional.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Entroido, UNESCO, Trivium...