PoesÃa, música, danza, cine, fotografÃa e roteiros fan parte do programa do VIII Festival dos Eidos, que a Fundación UxÃo Novoneyra organiza na súa sede en Parada do Courel entre o 25 e o 27 de agosto. A homenaxe ao poeta Carlos Oroza con ocasión do seu centenario preséntase como un dos puntos fortes do programa coa presenza de Antón Reixa.
Canda ao vigués, as actuacións poéticas previstas inclúen as accións poéticas Em torno da árvore, estendia-se o jardim nascente con Eva Valle, Nieves Neira Roca, MarÃa GrandÃo, MarÃa Corral Fernández e Beatriz RodrÃguez Morales a integrar poesÃa, música e danza. Pola súa banda, A Faia de Ponto que reúne os poetas Alba Cid e Estevo Creus en diálogo co músico improvisador Xosé Miguélez, mentres João Barrento desenvolverá a proposta Nós herdámos as margens: Dos Eidos de UxÃo ao rio da escrita de Llansol. Recitais de Chus Pato, Eva Veiga, Ana Romanà e Marina Oroza completan as propostas poéticas do evento.
No ámbito musical, o festival contará con actuacións de Radio Océano, Xackal, Rhome e RÃo Lagares. Segundo informou a organización este 22 de agosto, o recital de Os Resentidos, previsto para o dÃa 25, será substituÃdo por unha actuación de Ataque Escampe, logo de que a banda viguesa suspendese a súa actuación.
No ámbito audiovisual proxectarase o filme Zumiriki de Óscar AlegrÃa, que manterá un diálogo sobre a súa obra co crÃtico Xosé Manuel Sande. Tamén se poderá ver a exposición fotográfica Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes amosa os retratos que Federico G. Cabezón realizou a habitantes desta comarca nos anos 90. Unha ruta pola paisaxe sonora da contorna e outra de avistamento de aves completan as propostas do programa.