Co apoio de 819 votos o Festival dos Eidos da Fundación Uxío Novoneyra ven de gañar o Premio do Público desta edición da feira Culturgal. As votacións por este evento supoñen máis da metade dos 1.600 votos recibidos en total entre os tres finalistas, que eran ademais do Festival do Eidos, o ciclo pontevedrés Novos Cinemas e o Club Clavicémbalo de Lugo. A entrega do premio terá lugar o domingo 1 no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 17:45 durante a feira Culturagal. O Festival dos Eidos celébrase todos os agostos dende 2015 en Parada do Courel con varios días de programación cultural de diferentes expresións artísticas ligadas a Literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiadas, obradoiros, actividades para cativos e exposicións nos diferentes espazos, do interior e exterior da casa-museo de Novoneyra e o seu territorio íntimo. A sçúa acividade ademais espállase por todo o ano en diferentes actos.