Xa se pode votar o premio do público do Culturgal 2019

Novos cinemas, festival dos Eidos e o clube Clavicémbalo son os finalistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xa está aberto o prazo de votación dos premios do público do Culturgal 2019. Desta volta, hai tres finalistas entre os que escoller. O Festival internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que é "unha referencia non só na programación cultural pontevedresa, senón no circuíto de festivais de cinema de Galicia". Tamén está o Festival dos Eidos, promovido pola Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel, "unha celebración da poesía, da natureza e das artes en xeral que vai medrando e espallando a súa actividade ao longo de todo o ano" e o Club Clavicémbalo, en Lugo, do que se destaca que é "un templo de actividade cultural" e a única sala de concertos da provincia de Lugo.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Culturgal, Lugo, Uxío Novoneyra...