A Cidade da Cultura recupera o programa Cidade imaxinaria

O encontro para público infantil celebrara a súa última edición en 2019

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:
A Cidade da Cultura recupera o programa Cidade imaxinaria

O vindeiro 9 de setembro a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acolle unha nova edición do programa Cidade Imaxinaria. Esta proposta de novo circo, clown, malabares e acrobacias para o público máis novo nacera en 2011 e interrompérase por mor da pandemia de Covid-19 logo da xeira de 2019.

Segundo anunciou a Xunta, a nova edición contará cunha vintena de compañías procedentes de Bélxica, Italia, Portugal, Valencia, Cataluña, Madrid e Galicia que achegarán espectáculos de malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis e clowns a se se combinar con outras tantas propostas lúdicas como unha escoliña de saltimbanquis, a exhibición de papaventos, unha área de xogos tradicionais e de habilidade, ou un espazo sensorial para bebés de 0 a 3 anos. O acceso será de balde e haberá postos de comidas e bebidas no recinto do Gaiás.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora do circo

A hora do circo

Un ciclo exhibe as relacións do circo con outras artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Covid, Santiago de Compostela, Valencia, Bélxica...