Falece Eladio Quevedo, histórico director da Coral de Ruada

Vencellado á entidade desde neno, fora nomeado Presidente de Honra en 2016

Eladio Quevedo, que foi presidente da Coral de Ruada de Ourense entre 2002 e 2015, falecía este 22 de agosto aos 82 anos idade. Quevedo estivo implicado desde a súa infancia nesta histórica formación a tocar diferentes instrumentos e desempeñar distintos postos na súa directiva ata ocupar a presidencia.

Durante o seu mandato realizou un importante esforzo por activar a coral e puxo en marcha a escola de instrumentos tradicionais Virxilio Fernández, e diferentes certames. Foi galardoado coa medalla Marcial del Adalid da Real Academia Galega de Belas Artes. Ao ano de finalizar o a súa presidencia foi nomeado Presidente da Honra da entidade.

O velorio realízase no Tanatorio das Burgas en Ourense, e o funeral está previsto para este xoves ás 11.30 horas na igrexa de María Auxiliadora, desde onde se trasladará o corpo ao cementerio municipal de Santa Mariña.