Teresa Moure debuta como guionista de BD con Zeca Afonso. Balada do desterro

aCentral Folque publica a novela gráfica ilustrada por Maria João Worm

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Teresa Moure debuta como guionista de BD con Zeca Afonso. Balada do desterro

Unha novela gráfica de 192 páxinas a cor marca o debut da escritora Teresa Moure como guionista de banda deseñada. aCentral Folque publicou este mes de xullo Zeca Afonso. Balada do Desterro, obra que explora a biografía do coñecido cantor portugués desde unha perspectiva íntima. A portuguesa Maria João Worm corre coas ilustracións deste traballo, que sae á venda a un prezo de 30 euros.

A obra parte da suposta conversa entre o Zeca e a súa amiga Begónia Moa nun concerto celebrado en Galicia. A partir deste diálogo, Moure ficciona as preocupacións, dúbidas e procura de sentido de quen deviría un símbolo da Revolução dos Cravos desde a súa infancia en África ata a súa relación con Galicia. Moure realizou un intenso labor de documentación sobre o protagonista para desenvolver esta obra, aínda que aclara que se trata dunha obra de ficción.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teresa Moure, Teresa Moure, Zeca Afonso, aCentral Folque...