A 26º edición da mostra internacional Viñetas desde o Atlántico, a celebrarse do 7 ao 13 de agosto, xa presentou un avance da súa programación da man da alcaldesa da cidade, Inés Rey. A mostra contará con seis grandes exposicións, ademais de charlas, visitas, sinaturas de libros, proxeccións de cinema, música e obradoiros para profesionais e público infantil. Ademais presentouse o cartel, obra do ilustrador coruñés Manel Cráneo. As grandes pioneiras do cómic en España serán as protagonistas de Viñetas 2023. O festival reunirá a figuras como Laura Pérez Vernetti, Alberto Vázquez, Teresa Radice, Stefano Turconi, Isa Feu, Marta Guerrero, Marika Vila ou Elisa McCausland, ademais das homenaxes a Calpurnio Pisón e Francisco Ibáñez. Viñetas desde o Atlántico porá tamén en valor o rico ecosistema autoral local coa mostra colectiva 'BD na Coruña que bonita é. Banda deseñada creada desde A Coruña', e contará, asà mesmo, coa súa xa clásica "Rúa da Banda Deseñada", que acolle expositores de editoras e librarÃas de prestixio de toda España. Nos vindeiros dÃas desvelarase o programa completo da mostra.
Nesta nova etapa, tras a dimisión de Miguelanxo Prado da dirección, Viñetas propón un novo modelo de xestión -impulsado e organizado polo Concello da Coruña en colaboración co sector-, mantendo a aposta pola excelencia e abrÃndose a novas formas de facer e de mirar. É por iso que o seu protagonismo recae nas autorÃas locais -agrupadas nos colectivos Coruña Gráfica e Autobán- e nas autorÃas femininas, que teñen unha presenza maioritaria na cita. Unha edición que abre xanelas ao mundo da animación, consciente do grandÃsimo traballo que se está a realizar desde A Coruña. Esta é, tamén, unha edición que busca declaradamente aumentar a presenza do público infantil e familiar con accións participativas.
Un ano máis, o Kiosco Alfonso será o corazón expositivo de Viñetas desde o Atlántico. A esta sala municipal súmanse outras como PALEXCO, o Palacio Municipal, A Casa Museo Picasso ou Casa Cultura de Salvador de Madariaga. Todas as exposicións estenderanse no tempo máis aló da celebración da propia feira, desde o 7 de agosto até o 10 de setembro. Na Sala de Exposicións de PALEXCO o público poderá visitar dúas mostras: a primeira homenaxe expositiva ao recentemente finado Calpurnio, universalmente coñecido como o autor de El bueno de Cuttlas, a tira cómica que durante anos ilustrou El PaÃs Semanal. A exposición Homenaxe a Calpurnio componse de preto de 200 orixinais, ademais dun centenar de obxectos de culto, como libros, cómics, portadas de discos e secuencias das súas pelÃculas. A segunda exposición da que poderemos gozar en PALEXCO exemplifica a evolución de Viñetas como plataforma que integra novas linguaxes e que aposta polo talento local: Alberto Vázquez: do cómic á animación é unha oportunidade única para mergullarse no universo artÃstico deste multipremiado creador coruñés -gañador do Goya en 2023 pola súa longametraxe de animación Unicorn Wars- e a súa riquÃsima imaxinación, a través de orixinais das súas bandas deseñadas e detalles dos seus procesos de animación.
O Palacio Municipal expoñerá por primeira vez na Coruña o traballo dos italianos Teresa Radice e Stefano Turconi, considerados como dous dos autores máis relevantes no panorama europeo da Novena Arte. A exposición "Las chicas del Pillar. Poniendo rumbo a nuevas aventuras: cómo nace una historia de cómic" propón un discurso expositivo continuo, artÃstico e didáctico, que mostra, mediante orixinais, o proceso creativo da banda deseñada Las chicas del Pillar.
A Casa Museo de Picasso na Coruña súmase á celebración de Viñetas desde o Atlántico e acollerá unha exposición de poesÃa gráfica de Laura Pérez Vernetti, considerada como unha das mellores historietistas españolas, gañadora en 2018 do Gran Premio do Salón del Cómic de Barcelona. Con ela, Viñetas ábrese a un dos xéneros máis novos do cómic actual, a poesÃa gráfica, coa exposición VIVE LA VIDA e outras poesÃas gráficas de Luis Alberto de Cuenca. Por Laura Pérez Vernetti, un traballo sobresaliente e dunha sensibilidade única, coa que a artista capta o universo interior dun dos nosos máis lúcidos creadores literarios.
Mención especial merece a mostra chegada do Museo Nacional Centro de Arte Reina SofÃa 'Mujercitas del mundo, ¡unÃos! Pioneras del cómic underground adulto', que descobre o traballo das grandes pioneiras en España, desde a Transición ata a actualidade, con nomes tan significativos como os de Núria Pompeia, Rosa Lleida, Sara Presutto, Montse Clavé, Isa Feu, Mariel Soria, Marika Vila e Laura Pérez Vernetti , entre moitas outras autoras imprescindibles.
Na cita non faltará tampouco un vivo escaparate do panorama actual da historieta na cidade, cunha exposición que abre unha nova liña de traballo para Viñetas: "BD na Coruña que bonita é. Banda deseñada creada desde A Coruña", comisariada por Manel Cráneo. A través dos orixinais de 25 autores e autoras locais, a exposición é unha fotografÃa que ensina unha instantánea diversa e variada en técnicas e estilos e que poñe en valor unha riquÃsima escena local da que podemos presumir con orgullo.
Homenaxe a Francisco Ibáñez
O recentemente finado Francisco Ibáñez, historietista de referencia e autor de personaxes fundamentais da cultura popular española da Transición, visitou Viñetas desde o Atlántico na súa primeira edición, hai hoxe 26 anos. Foi entón, en agosto de 1998, cando A Coruña acolleu unha exposición en homenaxe á súa figura polo 40 aniversario de Mortadelo e Filemón. Viñetas desde o Atlántico 2023 "non pode pasar por alto esta triste perda" e, en recordo de Ibáñez, incluirá un punto continuado de lectura das súas obras, situado no edificio principal da feira, o Kiosco Alfonso, e, tamén, nas Bibliotecas Municipais da cidade. "Velaquà unha proposta para que todos los públicos poidan achegarse ou reconectar coa súa figura e a súa obra a través de icónicos tÃtulos e personaxes xa inmortais no imaxinario da banda deseñada universal". aseguran.