O estilo irreverente e, ao tempo, cheo de claves visuais e lingüÃsticas da cultura galega de Rei Zentolo xa pode ser visto en perspectiva. A Editorial Galaxia presenta hoxe Antes molabamos máis, un repaso á traxecctoria a unha das marcas "máis potentes e coñecidas" de Galicia, Rei Zentolo. A publicación compila en 250 páxinas a totalidade dos deseños gráficos que a marca foi comercializando en camisetas e noutros soportes ao longo destes 20 anos, e que se convertiron en auténticas embaixadas portátiles da cultura, o sentido de humor e a lingua galega. O libro, deseñado polo propio Rei Zentolo nun estilo recoñecible para os propios seguidores da marca, inclúe tamén colaboracións de diferentes autores como Anxo Angueira, Xurxo Souto, Francisco Castro, Diana López Varela, Ana Cabaleiro ou Inma López Silva, entre moitos outros. Iso si, o tÃtulo do libro é inexacto, porque se ben é certo que antes molaban moito, tamén é certo que o seguen a facer.
Unha mostra das páxinas interiores
Unha mostra das páxinas interiores