Rei Zentolo debuta na edición de BD con Centoloman

A obra de Jano e Rodrigo Cota recupera o popular personaxe das camisetas da marca

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Centoloman

Capa de Centoloman

Comezou sendo un debuxo nunha camiseta. Agora, o popular Centoloman é xa un superheroe en toda regra. A súa casa nai, a marca de roupa e factoría de desenño Rei Zentolo, acaba de aterrar na edición de BD cun volume que presenta as aventuras deste personaxe. O debuxante Jano é o responsable de ilustrar os guións de Rodrigo Cota nun volume de 28 páxinas a branco e negro e capas a cor que se pode adquirir por 2,50 euros. Os responsables de Rei Zentolo anuncian a continuidade da iniciativa en vindeiras entregas, e aproveitan para adiantar a posta en marcha dunha liña editorial propia que busca unir artes plásticas e literatura.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rodrigo Cota, Debuxo, Literatura

Claves

Protagonistas
Conceptos