Quiosco: Mondoñedo na memoria, número 4

Está dedicado á mestra mindoniense Andrea López Chao

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Portada do número

Portada do número

O cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, promove este caderno anual de estudos locais, Mondoñedo na memoria, que xa vai polo seu cuarto número e que se pode descargar de balde desde o sitio web do autor. Desta volta, o número achega varios artigos ao redor dunha singular figura mindoniense, a mestra e pedagoga Andrea López Chao, quen emigrou a Cuba en 1904 e significouse como directora do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana e defensora dos dereitos sanitarios e sociasi das mulleres. O caderno inclúe varios artigos que documentan a biografía da mestra e mesmo a edición do seu importante discurso no I Congreson Nacional de Mujeres celebrado na Habana en 1923.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Concepción Arenal, Antonio Reigosa, Mulleres...

Claves

Conceptos
Lugares