Coa SELIC de Santiago e a Cidade do Libro de Vilagarcía aínda en actividade ata o 18 de xullo, o calendario de eventos literarios que van máis alá do formato de feira suma dúas novas programacións locais coas vindeiras edicións do FLAZ de Allariz (30 de xuño e 1 de xullo) e da Praza dos Libros de Carballo (6 ao 9 de xullo), cuxos programa veñen de facerse públicos. O primeiro deles, o FLAZ (Festival Literario de Allariz) chega á súa segunda edición no 2023 e ven de presentar o programa para os días 30 de xuño e 1 de xullo. O evento amosa o ánimo de afianzarse como evento cultural de referencia na axenda cultural, non só galega, senón tamén do resto da península e neste sentido reúne unha representación da literatura española e galega, con presenza absoluta da creación en castelán aínda que con representación da edición en galego. No caso da cita de Carballo, pola Praza dos Libros, centrada na literatura en galego pasarán este ano autores e autoras coma María Lado, pregoeira desta edición; Marta Vilar, Félix Neira, Francisco Castro, Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, Héctor Pose, Nee Barros, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Marilar Aleixandre e Inma López Silva.
O II FLAZ foi presentado esta mañá no Concello de Allariz coa participación da alcaldesa, Cristina Cid, a concelleira de Promoción Económica, María López, e o responsable de contidos da libraría Aira das Letras e director do festival, César Lorenzo. O evento organizado polo Concello de Allariz e a libraría Aira das Letras poderá contar coa presenza de das autoras Marta Sanz, Belén Gopegui e Blanca Riestra, así como do escritor Javier Peña ( A Coruña. 1979). Tamén, nesta segunda edición do festival, coa intención de abranguer outros campos vinculados ao sector do libro alén da escrita, estarán en Allariz o que fora editor de Debate, Constantino Bértolo, e o responsable da editora galega Rinoceronte, Moisés Barcia, participando nun encontro sobre edición e mercado. O II FLAZ medra este ano ademais coa celebración dun mercado de edición e ilustración independente. Os editores Constantino Bértolo e Moisés Barcia, protagonizan o primeiro encontro do FLAZ 2023 o venres 30 baixo o título "Editar contra o mercado". Bértolo é un dos editores españois de maior prestixio: no seu último libro Una poética editorial (Trama, 2022), Constantino Bértolo, que fora director de Debate e impulsor do selo Caballo de Troya dentro de Random House, traza a través de diferentes textos a súa traxectoria de máis de corenta e cinco anos no mundo editorial. A fronte do grupo Rinoceronte desde que a fundou en 2005, Moisés Barcia dirixe a primeira editorial especializada en obras traducidas ao galego, que achegou ás nosas letras ámbitos literarios inéditos, caso do finés, húngaro, xaponés, islandés, etc. Os encontros cos autores terán lugar na sala de exposicións da Fábrica, no Paseo da Alameda.
"Novela literaria: un pleonasmo ou unha rara avis?" é o título do encontro que manterán, tamén o venres 30, Marta Sanz e Blanca Riestra. Do personaxe colectivo na era dourada do "eu" falarán o sábado 1 de xullo Belén Gopegui e Javier Peña. Desde hai trinta anos, Belén Gopegui é unha referencia como escritora e pensadora no panorama cultural español. O coruñes Javier Peña debutou como escritor, coa novela Infelices (Blackie Books, 2019), coa que conseguiu o recoñecemento do público e boas críticas. Na mesma editorial, dous anos máis tarde, publicou Agnes, novela protagonizada por unha xornalista que investiga un escritor pantasma e que afianzou a Peña no oficio literario, o seu soño, que lle permitiu deixar atrás o seu traballo en comunicación institucional. Os encontro do FLAZ pecharase na tarde do sábado 1 de xullo cun coloquio conxunto co título "Escribir e editar: unha relación de comenencia?". Ademais, o Festival Literario de Allariz suma ao programa a celebración dunha feira de autoedición durante as tardes do venres 30 e sábado 1 de xullo no Paseo da Alameda, para promover e apoiar proxectos de ilustración e edición independentes.
A PLIC coa literatura galega
Carballo encherase de actividades para a Praza dos Libros, entendida como unha feira da creatividade, aínda que o groso serán as presentacións de libros, con ata 13 citas, seguidas de concertos e outros actos. Así poderá asistirse a regueifa e teatro para a cativada, contacontos, e varios concertos como Magín Blanco, Pakolas, ou Sés. Para o programa desta edición en Carballo contan cunha extensa lista de nomes que encabeza a pregoeira desta PLIC, María Lado e que completan os autores Marta Vilar, Félix Neira, Francisco Castro, Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, Héctor Pose, Nee Barros, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Marilar Aleixandre e Inma López Silva. A PLIC é a única feira literaria de Galicia que se celebra dentro dunha feira tradicional tan antiga e importante como é a de Carballo O programa presentárono o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Chano Calvo, e representantes das librarías e editoriais que participarán na PLIC, que nesta edición serán Trasgo, Teldy, Brañas Verdes, Clarión e Espiral Maior Foro, de Carballo; Á lus do candil, de Arteixo; A gata tola, de Santiago, e Caldeirón, de Malpica.