Vilagarcía Cidade do Libro abre portas ata o vindeiro 18 de xuño

Rayden, Ian Gibson ou Carmen Posadas aparecen como nomes destacados no programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Vilagarcía Cidade do Libro abre portas ata o vindeiro 18 de xuño

A xincana literaria escolar Literatour abría este 12 de xuño o programa de Vilagarcía Cidade do Libro. O encontro das letras da cidade desenvólvese ata o vindeiro 18 de xuño entre a Praza da II República e o Parque de Miguel Hernández. Rayden, que protagoniza na tarde deste martes 13 as Conversas ao Solpor aparece como o primeiro nome destacado do programa.

Séguenno nesta actividade durante seguinte xornada Carmen Posadas, que compartirá espazo con Manuel Portas. Sucederanos nas sucesivas sesións o historiador Ian Gibson con José Ramón Alonso de la Torre, Rebeca Stone, Juan Arcones e Andrea Maceiras e mais Carme Chaparro e María Solar con Juan Tallón.

Para alén destes encontros, que marcan o foco central das xornadas, o programa inclúe presentacións, contacontos, obradoiros, un trivial literario e mesmo un campionato de cartas de Pokemon. Alén destas actividades, o auditorio municipal acolle a exposición Entre leiras e labores, que recolle pezas de catorce autoras que transitan entre as partes plásticas de visuais.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, República, Andrea Maceiras, María Solar...