O XI Sete Falares enche Pontevedra de narración oral

A igrexa de Santa Clara acolle as funcións do encontro entre o 3 e o 11 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O XI Sete Falares enche Pontevedra de narración oral

O vindeiro 3 de xuño alza o pano a undécima edición de Sete Falares. Quico Cadaval abre o festival de narración oral de Pontevedra que se desenvolve ata o día 11 coa Igrexa de Santa Clara como escenario.

Canda a Cadaval, o programa inclúe actuacións de Caxoto, Brais das Hortas, Ánxeles Goas, Carmen Conde, Adriano Reis, Pepito Mateo, Cristina Verbena, ou Victoria Siedleck, que actuarán tanto en solitario como cunha proposta a dúo e outra a combinar tres artistas.

Como novidade, o encontro desenvolverá o sábado 10 a actividade Rota de historias, na que se percorrerán en catro quendas lugares emblemáticos da cidade co acompañamento de historias de Adriano Reis, Cristina Verbena, Pepito Mateo, Quico Cadaval e Victoria Siedlecki. Os mesmos nomes encargaranse da gala de feche do festival, que se celebrará o domingo 11. Todas as actividades do programa están orientadas a público adulto.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Pontevedra, Quico Cadaval, Reis

Claves

Protagonistas
Lugares