'Lugar A Ponte' é o nome do segundo álbum de Caldo, o trÃo conformado por MarÃa Jorge (violÃn), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita). O novo traballo discográfico do grupo, que sae hoxe en plataformas, é unha proposta moderna, Ãntima e potente, ateigada de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas. Un disco profundo e persoal no que comezaron a traballar desde o confinamento e que foron perfilando ata acadar, tres anos despois, un álbum que leva por nome o fogar onde o propio Caldo agromou: o Lugar A Ponte, na comarca do Val Miñor. O proxecto de Caldo foi premiado co galardón ao Mellor proxecto de música folk nos Premios MartÃn Códax da Música (2020) e resultou gañador do concurso Fran Pérez 'Narf' da Deputación da Coruña (2020).
Producido e gravado man a man con Alberto Cernadas, con 'Lugar A Ponte' Caldo avanza na procura e experimentación do seu universo creativo para incorporar novas texturas e atmosferas á súa sonoridade, mais sen renunciar á súa identidade, que agroma e bebe con forza da tradición, e incluÃndo gravacións ao directo coma nos seus inicios. AsÃ, o produtor e instrumentista acompañou ás creadoras nun longo proceso no que se deixaron levar e integraron novas capas, á vez que procuraban estéticas marcadas para definir esta nova etapa, máis madura, honesta e cavilada. Alén do salto na produción -desde o primeiro álbum, Caldo, gravado ao vivo-, outra das principais novidades con respecto daquel disco homónimo é que, alén da intervención ou adaptación de letras tradicionais, Caldo suma, en moitos temas, lÃrica propia. Textos asinados por Anaïs Barbier, que se xuntan a outros que o trÃo reinterpreta para narrar, neste 'Lugar A Ponte', as historias ou episodios que conforman un álbum que fala, dalgún xeito, das sensacións dentro do fogar, dese lugar ou núcleo que se constrúe paseniño, da man da contorna próxima e querida.
Colaboracións
Ao igual que as melodÃas e as letras, Caldo tamén terma da presentación desde segundo LP ao contar coa colaboración doutras artistas. Alén da produción, gravación e mestura de Alberto Cernadas, que tamén é instrumentista (guitarras ou sintetizador) en Xuntas ou Outro lugar, o trÃo suma as colaboracións de German DÃaz (zanfona en Arroz, ovos e solÃs), LuÃs Peixoto (mandolina en Chulinha das Cacharelas), Diego Alonso (saxo soprano en 36388) e Claudia Abril, Flor DÃez e Marta Collazo (pandeiretas en 36388). Ademais, na coidada edición fÃsica do álbum, que verá a luz nas vindeiras semanas, Caldo conta co traballo da escritora e artista Petra Porter, responsable dos textos que contextualizan cada tema, e o da ilustradora Marte Martinka, quen é a autora tanto da portada como das ilustracións que acompañarán, en forma de lámina, todas e cada unha das dez pezas que forman parte deste Lugar A Ponte.