A prehistoria que non se ve: un encontro estuda a arquitectura efémera do pasado galego

As xornadas celébranse o 18 e 19 de maio no Museo de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: María José Bóveda / Gabinete de Arqueoloxía

Foto: María José Bóveda / Gabinete de Arqueoloxía

A nosa percepción da prehistoria galega vén marcada por espazos monumentais como os dólmenes ou o castros, pero unha gran parte dos restos do noso pasado son invisibles. Poboados e estruturas das que ficaron moi poucos trazos e que só se descobren, en moitas ocasións, a partir de prospección intensivas do territorio e obras públicas. É precisamente a partir destes procesos que nos últimos anos os arqueólogos reuniron moitos datos con poboados de diferentes momentos da prehistoria e que achegan unha visión novidosa dese pasado. Para poñer en comun estes achados, o Museo de Pontevedra organizou o I Encontro de Arqueoloxía "Arquitecturas efémeras da prehistoria recente no Noroeste ibérico", e que se celebrará na entidade entre o 18 e 19 de maio. A partir do estado da cuestión aberto pola profesora da USC Pilar Prieto e un repaso ás intervencións arqueolóxicas vinculadas á construción de obras públicas por parte de Xosé Ignacio Vilaseco e Manuel Rodríguez, os diferentes especialistas abordarán desde análises de xacementos específicos, como Setepías ou Agro de Bazar, ata lecturas transversais dos achados, como as de Andrés Teira, sobre a identificación de recintos domésticos ata a arqueobotánica, da man de María Martín Seijo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, Arquitectura, Museo de Pontevedra, Manuel Rodríguez...