Quiosco: Mazarelos número 10

Patrimonio e historia no novo número da revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do número

Cuberta do número

A revista de divulgación histórica Mazarelos chega ao seu número 10 cunha ilustración de Sarai Lorenzo na cuberta e vizosos contidos no interior. Sara Fraga explica o traballo de campo con patrimonio inmaterial na comarca das Mariñas, e Alba Rivas e Jorge Viz analizan o Monumento de Manuel Pailós no campus norte da USC. Marco A. Álvarez estuda a evolución do concepto da liberdade desde a Antigüidade ata hoxe e Diego García presenta un estudo de caso no CPI Virxe do Monte (Cospeito) sobre a representación dos fascismos. A revista inclúe tamén unha entrevista a Charo Lopes e Brais Lorenzo sobre fotoxornalismo e un repaso da centenaria Agrupación Instrutiva de Caamouco a cargo do seu presidente Daniel García.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sara Fraga, USC, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)