Quiosco: Revista Murguía, número 39

Inclúe unha entrevista á guerrilleira 'Chelo' por Aurora Marco

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do número 39 de Murguía.

Cuberta do número 39 de Murguía.

A Revista Galega de Historia Murguía presentou en decembro o seu número 39. Desta volta, inclúe artigos sobre diferentes épocas. Miguel García-Fernández achégase ao testamento de Rodrigo de Moscoso, membro dunha das liñaxes máis relevantes do século XV galego. prudenciao Viveiro transcribe tres editoriais significativos da revista Nós e Roque Sanfiz estuda a historia do fútbol de Fene ata 1936. A historiadora Aurora Marco publica unha entrevista a Consuelo Rodríguez López "Chelo", a guerrilleira finada hai poucos meses e Manuel Pazos escribe sobre Antonio Fraguas, entre outros contidos.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos nº 9

Quiosco: Mazarelos nº 9

Estudos sobre arte, asociacionismo ou ao redor da violencia franquista neste número

Quiosco: Mazarelos número 7

Quiosco: Mazarelos número 7

O novo número da revista recupera arquivos fotográficos ou analiza a relación entre identidade galega e fútbol

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel García-Fernández, Antonio Fraguas, Fene, Viveiro...