Alfonso Costa e Isabel Pintado homenaxean a María Casares con pintura

A Fundación Granell acolle a exposición Escenarios de paixón ata o vindeiro 25 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculosExposicións
Compartir:
Alfonso Costa e Isabel Pintado homenaxean a María Casares con pintura

A sede da Fundación Granell, en Santiago de Compostela, abría este 20 de abril as portas da exposición Escenarios da paixón. Homenaxe a María Casares dos artistas Alfonso Costa e Isabel Pintado. A proposta fai un percorrido "a través do papel, o lenzo e a propia paleta, en formatos e tamaños diversos" da traxectoria vital da actriz e mais a relación entre a pintura e o teatro.

A exposición, que se pode ver ata o vindeiro 25 de xuño, preséntase, segundo os dous autores, como "un acto de amor e de xustiza a prol da memoria desta insigne galega". Ademais, a proposta lembra a amizade que uniu a Eugenio Granell coa familia Casares Quiroga.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Teatro, Santiago de Compostela, Eugenio Fernández Granell...