O Buril reúne en Sarria aos 'punkis de aldea'

Este sábado actuarán ata 21 formacións dese perfil de xeito ininterrompido durante catorce horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Cartel con horarios das actuacións

Cartel con horarios das actuacións

A A.C. O Buril de Sarria organiza este sábado 22 de abril o 'Encontro de Punkis de Aldea', un festival que reunirá ata 21 grupos musicais que teñen en común dúas cousas: unha posición musical e ideolóxica punk e un vencello claro co mundo rural. Nun horario continuo desde as 13.00 horas ata as 3 da madrugada non parará a música no local desta entidade. A banda residente de O Buril, Sudor do tractorista, abrirá a xornada como formación anfitrioa para despois seguir co resto das bandas, chegadas desde diversos puntos de toda Galicia e algunhas de fóra, desde Barcelona, Asturias, Murcia ou Valladolid.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sarria, Murcia, Valladolid, Barcelona...