Baleira homenaxea a Florencio O Cego dos Vilares

Unha placa lembrará o último dos cantores cegos no cemiterio da localidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Capa do libro de aCentral Folque sobre o Cego dos Vilares

Capa do libro de aCentral Folque sobre o Cego dos Vilares

A coincidir cos 109 anos do seu nacemento, este 12 de abril Baleira lembra a Florencio López Fernández O Cego dos Vilares. Unha placa sobre a súa tumba no cemiterio da aldea da Fontaneira lembrará a quen "foi transmisor oral da nosa cultura e lingua, nos escenarios naturais das feiras e romaxes. Xograr popular de memoria imperecedeira".

A iniciativa, que partiu da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, contou coa colaboración do colectivo Egeria, do diario El Progreso e mais da Xunta de Galicia e do concello. Ata o momento a tumba do músico non contaba con lápida que o identificase. A conmemoración coincide ademais coa véspera dos 37 anos do falecemento de quen foi o último representante da tradición de cantores cegos no noso país.

O acto de homenaxe contará coa actuación musical do colectivo Toxo Queimado, de Baleira, e mais de Baldomero Iglesias Mero e de Miro Casabella, que interpretarán o canto de cego Parrafeo de Rosiña do Estanqueiro, habitual no repertorio de Florencio.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, El Progreso, Xunta de Galicia