Medra o número de persoas que estudan galego no Bierzo e Sanabria

A Xunta presentou un web específico sobre a nosa lingua na comarca leonesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A coincidir este 9 de marzo, aniversario de Frei Martín Sarmiento, coa celebración do Día do Galego no Bierzo, a Xunta de Galicia deu a coñecer datos actualizados sobre o estudo na nosa lingua nesta comarca e en Sanabria. Así, en 2022 un total de 1.173 persoas cursaron clases de galego nestas áreas de León e de Zamora, o que supón un incremento de 58 alumnos e alumnas respecto ao curso anterior.

No marco desta celebración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística aproveitou para presentar o web O galego no Bierzo que recolle diferentes recursos sobre a nosa lingua nesta comarca. Toponimia da zona, bibliografía específica e novas da actualidade fan parte desta nova iniciativa.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bierzo, Martín Sarmiento, Xunta de Galicia, Zamora...