Leilía fecha máis de tres décadas de actividade coa xira Vidas Cantadas

O grupo ten previstos os seus vindeiros recitais en Ribadeo, Carnota e Noia

| Santiago. Redacción | Seccións: musica
Compartir:
Imaxe de Leilía para a xira Vidas Cantadas. Fonte: Web de Leilía.

Imaxe de Leilía para a xira Vidas Cantadas. Fonte: Web de Leilía.

Durante a súa actuación na Feira do Queixo de Arzúa, o pasado 4 de marzo, o grupo Leilía facía o anuncio desde o escenario. A súa actual xira, Vidas Cantadas será a última que realicen como grupo. Logo de 34 anos de existencia, o recoñecido conxunto de pandeireteiras pon punto e final á súa actividade, segundo confirmou a axencia Culturactiva.

A xira, que levará a Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez por diferentes localidades do país, achega novas versións de cancións do repertorio da formación, que foi pioneira na reivindicación da percusión e do canto de mulleres no folk galego. Logo de Arzúa, Leilía ten previstas as súas vindeiras actuacións en Ribadeo (11 de marzo), Carnota (8 de abril) e Noia (23 de abril).

Ao longo dos seus anos de actividade, as cantareiras gravaron os álbums Leilía (1994), I é verdade, i é mentira (1998), Madama (2003), Son de Leilía (2005) e Consentimento (2011), ademais de desenvolver múltiples colaboracións con artistas do país.

Que che parece esta nova?
121 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Leilía pura

O grupo de pandeireteiras aposta por un son máis espido en Consentimento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leilía, Ribadeo, Carnota, Noia...