Los Suaves adiantan datas da súa xira de despedida

O grupo anuncia a súa disolución logo de case 35 anos de carreira

5/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

La música termina é o lema co que o grupo ourensán Los Suaves presenta a súa xira de despedida. Aínda sen data prevista de remate, o conxunto adianta datas do que será o seu último tour, no que se interpretarán clásicos e novos temas en recitais cun repetorio dunhas 24 cancións na que aseguran será "a mellor xira da nosa vida". Ademais, adiantan tamén que se gravarán algúns dos concertos, logo de case 35 anos de carreira musical.

Palma de Mallorca, o 17 de marzo, é a primeira data confirmada deste tour, que continuará por Nájera (18 de abril), Valencia (24) e Barcelona (25), sen que se coñezan polo momento paradas en Galicia.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

04/08/2011

Os Cempés voltan á escena

O coñecido grupo folk actuará o vindeiro 20 de agosto no Festival da Anchoa e prepara unha xira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Valencia, Barcelona, Ourense

Claves

Conceptos