A Asociación Galega de Editoras (AGE) esta desde hoxe presenta na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña que celebra a súa 60 edición desde hoxe e ate o vindeiro xoves. As editoriais galegas acoden a este encontro de referencia da industria editorial a nivel internacional usando para iso un espazo propio inserido no posto da Federación de Gremios de Editores de España, contratado grazas á colaboración de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos). Alvarellos Editora, Kalandraka, Triqueta Verde, Patas de Peixe e Edicións do Cumio, son as empresas asociadas á AGE que participarán, de xeito presencial, no espazo colectivo da Asociación Galega de Editoras. Ademais Kalandraka Editora contará con posto propio a maiores de participar no da AGE. As empresas desprazadas do gremio galego manterán xuntanzas de traballo con representantes do sector internacional, cunha axenda pechada meses antes da celebración da Feira, ademais de realizar presentacións de libros, no propio posto e nas librarÃas da cidade de Boloña, como é o caso de Kalandraka Editora. Desde o espazo da Asociación Galega de Editoras na BBF, daranse a coñecer as novidades das editoriais galegas desprazadas alÃ.
Desde o pasado ano a AGE, que integra a 42 empresas galegas, decidiu asumir a xestión da súa participación nas Feiras Internacionais do Libro desligándose de ir baixo o paraugas da Xunta de Galicia. A decisión tomada polo gremio galego de editoras o pasado ano e que segue vixente neste, viña precedida por varios anos de desencontros entre o sector e a SecretarÃa xeral de Cultura en canto ao modelo de promoción do libro galego no exterior. Pola súa banda, A Xunta acude a Boloña tamén presentando o catálogo 'Galician Books for Children & Young Adults 2023' elaborado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) co apoio do goberno autonómico. Trátase dunha unha edición trilingüe, redactada en galego, castelán e inglés, traducida por Mercedes Pachecho e Roi Pérez e ilustrada por VÃctor Ribas que presenta un total de 126 publicacións de 21 editoriais. O catálogo distruibuirase, ademais de en Boloña en posteriores certames do libro, como en Bos Aires no mes de abril, en Barcelona e Frankfurt no mes de outubro e en Guadalajara (México) no mes de novembro.