Hai trinta anos Miguelanxo Prado daba á luz unha obra fundamental para a BD europea das últimas décadas. Trazo de xiz obtivo en 1994 os premios de mellor obra no Saló del Còmic de Barcelona e o de mellor traballo estranxeiro no prestixioso Festival de Angoulême, ademais de nominacións aos premios Eisner e aos Harvey, entre moitos outros recoñecementos. Agora, Norma Editorial publica en español e Casterman en Francés unha edición especial polo trinta aniversario desta obra, que marcou un punto e aparte na carreira do autor galego.
A edición de Norma inclúe un prólogo do investigador Álvaro Pons e doce páxinas de contidos inéditos, na súa maior parte ilustracións sobre a historia realizadas por Prado nos últimos anos. Ademais, compila todas as páxinas e contidos extras que o autor foi realizando arredor desta historia ao longo das últimas tres décadas. En total, a obra acada as 120 páxinas de extensión.
Prado está a realizar unha xira de presentación da obra que xa o levou por Pontevedra e Vigo e que o achegará á libraría Alita da Coruña o vindeiro 4 de marzo.