Labañou é un barrio coma calquera outro na Coruña. Cunha excepción. Desde hai anos os veciños deste lugar organizan toda unha serie de actividades coa intención de axudar aos habitantes do outro extremo do mundo, unha aldea peruana chamada Vilcabamba. O labor humanitario serviu, ademais de para mellorar as condicións de vida dos habitantes desta zona andina, para dinamizar culturalmente Labañou.
En 1997 o reporteiro galego Santiago del Valle foi ao Perú na busca de Vilcabamba, a última capital en que os Incas resistiron a invasión española. Procurando a cidade perdida localizou tamén unha rexión fondamente deprimida, con abondosas eivas alimentarias, sanitarias e educativas. Nas sucesivas expedicións que realizou para recompilar novos datos e situar definitivamente os restos da cidade, comezou a acompañarse de persoas que analizasen a situación da zona e pensasen as posibilidades de mellorar a vida da poboación local. Deste xeito, un membro da Organización non Gobernamental (ONG) Solidariedade Galega analizou a situación sociosanitaria daquel distrito en 1998. A finais dese mesmo ano, esta organización contactou co Centro de Saúde do barrio coruñés de Labañou, onde coñecían ao doutor Luís Astray, para organizar unha irmandade desta entidade con Vilcabamba e iniciar deste xeito unha relación de cooperación en materia de atención primaria e de desenvolvemento comunitario.
A conexión Labañou
En 1999 seis profesionais, na súa maioría médicos, achegáronse ao Perú coa súa propia expedición, xa desvencellada do interese arqueolóxico no Proxecto de Saúde e Desenvolvemento Labañou-Vilcabamba. Transporte de trescentos quilos de menciñas, máis de mil consultas médicas, o establecemento de contactos coas autoridades da zona e un diagnostico sobre a saúde comunitaria foron os resultados desta visita. A raíz desta expedición foi cando a relación entre o distrito peruano e o barrio coruñés se revolucionou.
No ano 2000 nacía en Labañou unha Comisión Cidadá que se facía cargo de implicar a todo o barrio nas tarefas de solidariedade con Vilcabamba que ata entón eran desenvolvidas unicamente desde o centro de saúde. A necesidade de financiamento para estas tarefas levou a este grupo de persoas a buscar por baixo das pedras e a artellar todo tipo de actividades coas que involucrar ao barrio. Loli Veiguela, unha das responsables do proxecto sinala que a xente de Labañou organízase e recada os cartos para desenvolver un proxecto comunitario. Este barrio ten o único plan comunitario que hai na Coruña, e tentase aplicar do mesmo xeito un plan comunitario para Vilcabamba. Unha implicación tan fonda non sae da nada; Loli explica que é a sociedade civil a que desenvolve estre proxecto. Labañou foi sempre un barrio moi organizado e moi dinámico, característico pola súa combatividade. A través das diferentes viaxes fóronse afianzando os contactos alén mar, que darían na creación do Grupo Generador de Avance Distrital, un colectivo formado polos propios vilcabambinos que funciona coma interlocutor dos coruñeses na zona andina.
Barrio unido
Pouco a pouco foise dando a coñecer o traballo que se facía en Vilcabamba a través de conferencias en distintos centros de ensino. Só doce meses despois a implicación veciñal cristalizaba na creación da ONG Labañou Solidaria, que pasou a facer o traballo da antiga comisión cidadá contando xa cunha entidade legal que permitía aos veciños acceder a subvencións e asinar convenios que lle fornecesen fondos ao proxecto. Vinte socios que, en só dous anos, transformáronse nos cento corenta que na actualidade colaboran activamente nas iniciativas deste grupo e pagan as cotas que supoñen unha parte destacada dos recursos da organización. A ONG ten a súa sede no local da Asociación de Veciños e conta coa colaboración a Asociación Comunitaria do Distrito Quinto e coa axuda de Atención Primaria da Coruña, que cede profesionais para colaborar no proxecto. No último ano chegou a primeira subvención do Concello, oitocentas mil pesetas que son só unha pequena parte de todos os cartos que os de Labañou invisten en Vilcabamba, unha media de 12.000 euros anuais que xa suman a esta altura do 2003 máis de vinte mil euros.
O traballo do barrio
A pesar de que a transformación en organización non gobernamental daba novas posibilidades de actuación, a acción a nivel social non decaeu nin moito menos. Dúas ceas-baile anuais con multitudinario éxito, a xa habitual sardiñada de comezos de xullo e ata un macrofestival de música de dez horas de duración no Pavillón de Deportes serven para organizar novas expedicións, ata o de agora unha cada ano, que se realiza habitualmente en outubro. Tamén se transformou nunha cita habitual do ano o acto de presentación da campaña, xusto antes da partida da expedición, e a rendición pública de contas, despois do retorno. Ao voltar os expedicionarios organízase un acto público no que se explica polo miúdo en que se gastaron os cartos, que obxectivos se conseguiron e cales non e como foi a aceptación das actividades, sinala Loli Veiguela.
Colexios de acó e de aló
Neste tempo a ONG en colaboración coa productora IJV realizou dous documentais Vilcabamba e Vilcabamba dous anos despois nos que recollen a experiencia deste proxecto. Os filmes emitíronse por televisión e presentáronse en centros de ensino das dúas beiras do Atlántico. No colexio Calasanz de Labañou alumnos e mestres financiaron as bolsas que permiten que un neno e unha nena de Vilcabamba poidan estudiar en Cuzco. No ano 2003 outros dous estudiantes poderán ir a esta cidade completar a súa formación, coa idea de que despois volten e os seus coñecementos revertan na comunidade. Festas, rifas e colectas son os principais medios para sufragar os custos destas carreiras. Alumnos do colexio cartéanse cos vilcabambinos de Cuzco e cos que aínda estudian na súa propia aldea. Na actualidade estase poñendo en marcha un campo de traballo que levará á xente nova da Coruña ata os afastados Andes, ou non tan afastados, porque ao final xa os van coñecendo bastante ben. A idea é que a solidariedade teña cara, e que toda a xente que colabora co proxecto poida achegarse ata Vilcabamba e coñecer a realidade do lugar apunta Loli.
Edición 2003
Co comezo de outubro de 2003 partía da Coruña unha nova expedición con destino a Vilcabamba. A súa visita é parte do plan organizado para este ano que inclúe a construcción dun centro cívico no distrito, unha campaña de atención primaria, accións de apoio ao desenvolvemento agropecuario, ou a promoción dun turismo rural e ecolóxico na zona aproveitando o atractivo da cidade inca son algúns dos principais obxectivos desta viaxe. Ademais, Labañou Solidaria, en colaboración con organizacións peruanas e cos propios implicados quere impulsar a creación dun plan de desenvolvemento comunitario que fixe un obxectivo estratéxico para o lugar. Á parte, por suposto, da Coruña parten tamén novas menciñas, material informático e audiovisual e mesmo lotes de libros. En total 22.800 euros só nun ano. A nosa intención é mobilizar os recursos que xa hai en Vilcabamba, sinala Loli.
Estase a formar xente alá, a capacitala para que sexan independentes e non dependan do mecanismo asistencial. Nós non somos os reis magos, non facemos un labor asistencial, unha vez que se consigan estes obxectivos retirarémonos.