Ourtórganse os Premios Galicia de Investigación na área de Sanidade

Galicia investiga

Os doutores Ángel Carracedo Álvarez e Francisco Javier Blanco foron o gañadores dos Premios Galicia de Investigación que nesta edición se convocaban no eido de investigación sanitaria. O xurado revelou onte o nome dos gañadores destes premios, que este ano estaban dedicados ó doutor José Varela de Montes. destacado médico da Galicia do século XIX.

Dous premios, catro áreas

Os Premios Galicia de Investigación son convocados anualmente pola Secretaría Xeral de I+D (Investigación e Desenvolvemento) da Xunta no marco do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento. Cada ano a convocatoria realízase nunha das área recollidas nas bases do premio: investigación social, investigación científico-técnica, infestigación humanística e investigación sanitaria.
En cada convocatoria premiase por unha banda a un investigador veterán e pola outra a un investigador novo, e ríndese homenaxe a un investigador de prestixio histórico a cada área dándolle o seu nome ó galardón.
Nesta edición, decidiuse rendir homenaxe ó doutor José Varela de Montes, impulsor da renovación da Mediciña en Compostela durante o século XIX e destacado médico no Real Hospital da Cidade, onde destacou polos seus coñecementos de toxicoloxía.
Así, os premios outorgados este ano levraon o nome de Premios José Varela de Montes de Investigación Sanitaria, sendo a primeira vez que se entregan nesta área.











Os premiados


O doutor Ángel Carracedo Álverez fíxose co Premio de Invetigación Sanitaria, dotado con seis millóns de pesetas, polo seu traballo de investigación de máis de quince anos.
O doutor Carracedo dirixiu máis de vinteseis teses e formou unha grande cantidade de especialistas en mediciña forense. Ademais, foi un dos pioneiros no desenvolvemento da xenética forense, creando pautas e modelos que se aplican a nivel internacional. O grupo de investigación que dirixe na actualidade está considerado coma un dos tres mellores do mundo en mediciña forense.
Pola súa banda o Premio José Varela Fernández de Investigación Sanitaria para Investigadores Mozos, dotado cun millón de pesetas, recaeu en Francisco Javier Blanco García, nacido en 1963 e doutor no Hospital Juan Canalejo. O doutor Blanco especializaouse en reumatoloxía e realizou importantes investigacións sobre a orixe da artrose e da artrite na Universidade de San Diego en California. Ten realizado trece proxectos co apoio de diversas empresas farmacéuticas internacionais e dez con financiamento público, ademais de publicar regularmente en destacadas revistas científicas.
Ademais da contía metálica do premio, os dous investigadores recibirán un diploma acreditativo e un medallón coa efixie de José Varela de Montes e a inscripción "Premio Galicia de Investigación no Reverso".