Felipe Casanueva e José Antonio Castro fanse cos Premios Galicia de Investigación, que se dedican este ano á área sanitaria

Os premios de investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A súa carreira no estudo da endocrinoloxía e a regulación da inxestión no ser humano valéronlle a Felipe Casanueva o premio José Varela Montes de Investigación Sanitaria. A Consellaría de Innovación outorgoulle ao catedrático en Medicina pola Universidade de Santiago este recoñecemento dentro dos Premios Galicia de Investigación, que cada ano se dedican a unha área concreta, que foi a sanitaria desta volta. No mesmo certame, José Antonio Castro, doutor en Farmacia, levou o Premio para Investigadores Xoves polo seu estudo sobre a transmisión dun parásito desde o gando ata os moluscos.

Máis información no web da Xunta El Correo Gallego e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medicina, El Correo Gallego, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos