O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro xoves 23 de febreiro ás 20:30 horas a estrea de Hamelin, o décimo sexto espectáculo de Redrum Teatro. Alex Sampayo encárgase da dirección e máis da adaptación desta obra escrita polo dramaturga Juan Mayorga, que conta cun elenco conformado por sete intérpretes: Machi Salgado, Belén Constenla, Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Rubén Porto e Fran Lareu. A obra trata sobre os abusos á infancia e inspírase de forma moi libre nun caso real, ocorrido no barrio barcelonés do Raval a finais dos anos 90. En palabras do director durante a presentación no Concello de Santiago, Hamelin amosa que estes feitos "teñen moitas caras e neste espectáculo recóllense todas con duplas e triplas lecturas de todos os personaxes". Xunto á dirección e o elenco de sete intérpretes completan o equipo Laura Míguez como axudante de dirección, Carlos Álvarez-Ossorio como responsable do deseño de iluminación e Fernando Epelde como encargado do espazo sonoro.
Esta será a segunda adaptación de Redrum Teatro dun texto de Juan Mayorga, autor teatral que en 2022 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Letras. Logo de 'O mozo da última fila', nesta ocasión trátase de Hamelin, obra de 2005 pola que o dramaturgo recolleu o Premio Max ao mellor autor teatral. Agora chega ao galego co apoio da Xunta de Galicia, a través das liñas de axudas á creación escénica, e do Concello da Illa de Arousa, pois a compañía levou a cabo os ensaios no seu Auditorio
Municipal. Santiago será a primeira parada do espectáculo, que no día da estrea incluirá unha posfunción para que o público poida intercambiar impresións co equipo. Ademais, os espectadores terán unha segunda oportunidade no mesmo escenario o día seguinte, o venres 24, con Juan Mayorga como un asistente máis no patio de butacas. Redrum Teatro proseguirá a súa xira nas vindeiras semanas con funcións en Cangas (4 de marzo), Pontevedra (9 de marzo), A Illa (1 de abril), Lugo (20 de abril), Teo (28 de abril) e Verín (6 de maio). As entradas para as dúas representacións de Santiago poden adquirirse a través da plataforma www.compostelacultura.gal e na Zona C (Praza de Cervantes) de martes a sábado, no seu horario habitual. Tanto as funcións en Compostela como as de Pontevedra e Cangas enmárcanse dentro da programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios.