O xurado do Premio de PoesÃa Manuel Lueiro Rey deu a coñecer este 10 de febreiro o fallo da undécima xeira do galardón que convoca o concello de Fornelos de Montes. A poeta de Fisteus impúxose entre o medio centro de obras presentadas co poemario Salón de Té, que lle reportará un galardón de 2.500 euros e será publicado por Edicións Xerais.
Segundo o fallo do xurado, a obra "destaca polos seus versos depurados e ben traballados que nos conducen á beleza e á verdade dun mundo persoal mais tamén común e universal nas súas palabras". Ademais, apunta que é este "un traballo luminoso e evocador que recrea o personalÃsimo mundo da poeta de Fisteus". O galardón entregarse o vindeiro mes de setembro.